O Lar Gallego de Avilés foi fundado no ano 1961 por un grupo de galegos, encabezado por D. Enrique Ares Fariña, que traballaban nun taller de mecanización da empresa Ensidesa. A idea xurdiu para agrupar o gran número de galegos que se asentaron na zona industrial da cidade de Aviles atraídos pola ubicación de importantes empresas.

Despois de varios meses de traballo inauguraron o primeiro local social, froito do esforzo realizado polos socios dun xeito desinteresado, e con posterioridade, mercan un vello caserón na rúa Galiana, de tres plantas, cunha finca de 1000 m2, ao tempo que adquiren tamén un local anexo á finca.

Na actualidade, despois de numerosas reformas, a sede social conta con biblioteca, salas de xogos, salón polivalente, sala de televisión y bar- restaurante, con comedor e finca merendero.

Ó Lar Gallego foille recoñecida a condición de galeguidade pola Xunta de Galicia, o 11 de xaneiro de 1991, por Decreto 7/91 (DOG nº 15, do 22 de xaneiro de 1991.)

Esta entidade atópase nestes intres nunha etapa de consolidación. Froito desta labor, en 1987, concedéronlle o I Premio Internacional “América-92 e España-92”, organizado pola Federación de Casas Rexionais e Provinciais de España e patrocinado pola empresa Iberia. Este premio gratificou o esforzo realizado polo Lar Gallego por conseguir un maior coñecemento, entendemento e solidaridade entre España e os diferentes países americanos.

====================================================================================================================================

 

O 25 de xullo de 2016, ao finalizar a misa en honra do Apóstolo Santiago, que como todos os anos celébrase nas instalacións da Sociedade, foille imposta a  Ana Fernández Grela Presidenta do Lar, a Insignia de ouro da Orde do Camiño de Santiago.

 

 

 

 

 

 

 

=======================================================================================================================================

 

8 de outubro de 2016. Neste ano en que a Lareira Galega conmemora o seu 55 aniversario, consideramos que é o marco idóneo para recoñecer o labor que como Presidente desenvolveu Luís Prieto Lorenzo, un dos socios fundadores, quen durante 24 anos, dedicou todo o seu empeño e bo facer a potenciar a Lareira, dando unha imaxe pública ante as Institucións, mellorando as instalacións que hoxe gozamos, organizando grandes festas de Santiago, excursións, e outras tantas actividades e esforzos que non nos daría tempo a enumerar aquí, pero que nos axudaron a ser o que somos hoxe.

Por todo isto e por moito máis, é xusto e merecido impoñer a Luís Prieto A Insignia de Ouro e entregarlle o Carné de Socio de Honra que tan merecidos ten.

===============================================================================================================================================================

 

O presidente do Lar é recibido na Delegación da Xunta en Lugo.

 

===============================================================================================================================================================

 

24 de febreiro de 2017. Presentación no Lar do libro ORTHODOXIA.

 

 

 

 

 

O Gran-Mestre da Orde do Camiño de Santiago, presenta ao presidente do Lar, a Orde de Recoñecemento Especial e un libro sobre o Camiño de Santiago.

========================================================================================================================================================

 

25 de febreiro de 2017, en Covadonga coa Orde do Camiño de Santiago.